Armada Inglesa

Mapa inglés de Santander e A Coruña, c. 1589, a época da expedición Drake-Norris.
Drake (cara a 1581). Foi considerado como un pirata polas autoridades españolas, mentres que en Inglaterra valorárono como corsario e honrárono como heroe.

A Armada Inglesa (tamén coñecida como a Contraarmada) foi unha frota naval enviada á Península Ibérica pola raíña Isabel I de Inglaterra en 1589, durante a Guerra anglo-española de 1585-1604. Os anglosaxóns refírense a ela como English Armada, Counter Armada ou Drake-Norris Expedition. O obxectivo da armada inglesa era aproveitar a vantaxe naval obtida tras a derrota da Grande e Felicísima Armada española o ano anterior (1588), pero constituíu un rotundo fracaso de dimensións comparables ao de dita Armada Invencible. A expedición era mandada por Sir Francis Drake (almirante) e Sir John Norreys (xeneral), polo que tamén se coñece como a Expedición Drake-Norris de 1589.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search